lunes, 30 de marzo de 2009

ALUNIZANDO

Nin Neil ARMSTRONG pisou tanto a "Luna" como o fago eu, e vale, el sería comandante do Apolo 11, pero o meu fabia non ten nada que envidiarlle a un aparello con forma de supositorio, e que por moito que digan, pinta de cómodo non ten.............e pode que sexa moi listiño o homiño ese, pero que fixo na lúa, pasear e quitar fotos, non? e sí, colleu un pouquiño de terra para traer de volta, en fin........será por terra aquí................en cambio o que fago eu alí todolos días sí que é unha misión para ser analizada:
Tomo mostras de café(que unha soa non me parece unha misión viable, e ademáis trato de ser constante: día si, día tamén, non vaia ser.....), estudio o entorno (hai tantas especies raras nese hábitat......... uns falan sós baixo os efectos de diferentes sustancias en estado liquido......outros berran o son da TV vendo homiños diminutos movendose rápidamente detrás dun obxeto identificado....eles chamanlle "bolón"........, outros quedan obnubilados diante dunha máquina con luces de cores dandolle ós botonciños a ver se coinciden 3 melóns na mesma liña, e se non é así enfadanse e volven a xogar, e así hora tras hora e a medida que aumenta a súa frustración disminue o peso do seu peto, esta especie convive coas outras do lugar, pero a súa linguaxe caracterizase por ter só 4 bocablos: EH TÍ,DAME CAMBIO!!!!) e a última parte da misión é estar acompañada doutra/s da miña especie que me axuda/n a observar, entender, valorar e sobre todo criticar ó que pasa neste mundo, neste mundo tolo ou de tolos........!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Pois o dito, que na "Luna" estou se non todos, case tódolos días, ata me estou plantexando poñerlles alí unha banderita no meu taburete da barra.............e pronunciar a miña versión da frase mitica do citado Amstrong: É un pequeno paso para a muller, pero un gran salto para a humanidade!!! e o digo, porque nesta "Luna", é posible ver a mulleres tomando o cafeciño, unha cervexa ............tranquilamente a calquer hora, e ainda que pareza vos pareza que non, é un pequeno avance, posto que hai uns anos ainda se decía: os bares son cousas de homes!!! e eu contra eso digo: ALUNIZAXE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

R.

2 comentarios:

  1. Non sei si o señor Armstrong chegou a lúa, é algo que a humanidade nunca logra saber, é o segredo del é duns poucos máis.
    Que andes ti pola lúa podoo certificar, e outras veces tamén vas o bar de lado da clínica!!

    bikos e apertas

    ResponderEliminar
  2. jje, é segredo eso!! jo, non digas por ahí que eu son capaz de pasarme horas na lúa, que despois vanme preguntar cómo fago!!!!
    mil bikzos

    R.

    ResponderEliminar

Seguidores

Datos personales