jueves, 28 de mayo de 2009

CALAR OU NON CALAR, ESA É A CUESTIÓN

Sí, non sempre ten un cousas que dicir, quizáis é unha boa opción estar calado se ves que non tes nada bo que soltar pola boquiña, uns intentamos conternos máis e outros botan por fora sempre!!
Nunca fun precisamente unha rapaza calada, posto que os meus castigos no coelxo dende pequecha sempre foron por estar a falar, que se lle vai facer, 1 hora seguida calada é moi duro ata para alguén coma mín, que presume de intertar autocontrolarse!!
Hoxe esto vai a modo de confesión, de abrir un pouco a portiña detrás da que me escondo, para que quen me lea saiba, qué é o que ocorre por dentro da miña cabeciña ás veces, últimamente non estaba nada iluminada por dona imaxinación e non sabía que podía escribir, por eso decidín non publicar nada, hoxe confeso que tampouco tiña nada que contar, pero sen embargo invadíame un sentimento de culpabilidade,que me dicía que estaba a ser pouco comprometida cunha proposta que ademáis saiu de mín, este blog, e non pode ser, cando emprezo algo gústame rematalo,ainda que debo confesar que non sempre o consigo.
O que sí que debo confesar e que me encanta ler o que escreben os demáis,entre eles admiro a manuel, él sempre ten un as gardado na manga, é increible a súa imaxinación, a súa creatividade e o seu sentido da inventiva e do humor, a envexa neste caso é da boa, espero que nunca deixe de escribir, porque a pouca xente se vos da ben, e dende logo sempre consegue amenizar o ratiño do día no que me paro a ler o que escrebe!!
A veces peco de botar a lengua a pacer,e confeso que me senta fatal o resultado, quizáis por eso non o fago a miúdo, seguro que máis de unha me entende, e a pesar de que unha das miñas amigas lunáticas dí que ela co paso dos anos cada vez cala máis e consinte máis porque non merece a pena discutir, eu non sei para que lado da balanza me inclino máis, e a pesar de que nunca fun de decir todo o que penso,tampouco son capaz de deixar un tema a medias cando sei que teño a razón, ahí si que non me calo!

Creo q é mellor que remate,xa está ben de confesións!!!

R.

2 comentarios:

  1. Estoy contigo, es muy difícil tener siempre algo nuevo que contar, y poca gente consigue tener esa imaginación y creatividad.
    En lo que no me pronuncio es en si es mejor callar o decir siempre lo que pensamos. Todo depende de la situación y de lo que nos afecte, pero sigo diciendo que discutir por discutir... no merece la pena, y además cansa mucho.
    B.

    ResponderEliminar
  2. Si cando botas moito tempo calada xa sei eu que a cousa non vai ben oh!!, jaja!!

    bikazos a mancheas

    p.d.: grazas pola confesión, eso non o cales nunca jaja!!

    ResponderEliminar

Seguidores

Datos personales