martes, 14 de abril de 2009

A HISTORIA DE XULIA I

A luz a cegaba, non podía deixar de fruncir o ceño por mor da intensa luz que entraba polos ocos da persiana, debían de ser como moi tarde as 10 da mañá dun luns de primaveira, un luns calquera de calquera primaveira, e alí estaba ela rodeada polo brazo do mesmo extrano de sempre............

Ringggggg, ringggggg!!! soa o despertador, pero xulia xa se adiantou e non a pillou por sorpresa, que gusto lle daba ser máis rápida que él, eso converterase nun reto para ela, non quería ser despertada polo son ferinte do trasto que tiña por despertador. Despertador O - Xulia 1 !!!

Pola contra Roi incomodouse e deuse a volta, liberou á súa presa do abrazo eterno, e suplicoulle que ditevese á insoportable melodía que lle estaba a romper os sesos, Xulia como sempre levantouse a apagalo despertador, que dende hai meses dormía no fondo do armario, porque ela non soportaba o seu "tic, tac" enriba da mesilla de noite, era un "tic, tac" martilleante que a irritaba ata o punto de ter que firmar un pacto de non agresión con él: ela deixaría que él seguise encendido cumprindo co cometido da vida de calquer despertador e él deixaría a ela soñar en paz.

A Roi esa cuestión lle daba igual, nunca entendeu que a Xulia lle molestase ese "tic-tac" que él apenas chegaba a escoitar, estaba sempre tan absorto cos seus comics, cos seus xogos de rol, cos seus debuxos manga......... que non se decataba do que a ela lle molestaba, nunca soubo comprender que os pequenos detalles eran os que a irritaban a ela, él nunca chegou a entendela, ela era tan especial....................

Ela sempre se erguia moi rápido, Xulia odiaba a calma de Roi, e Roi agobiabase co ritmo de Xulia, un tira e afloxa sen solución, ningún cedía, enfadabanse, era o pan de cada día, era insoportable.....anos de pelexas polo mesmo, por nada, e o problema non era un en concreto, era todo, non se poñían deacordo nin para elexir donde comer, nin donde ficar a dormir...Xulia deixou de discutir, deixouse levar.........

Licenciada en químicas, e facendo un master a uns 60 km da súa cidade natal ós seus 26 anos de idade vivía dependendo das becas que lle daban e dos traballos que facía en verán de camareira nun restaurante do seu pobo. Sempre señou con ser científica e traballar nun laboratorio, pero dende hai un par de anos deixou os seus soños a un lado e empregou a súa enerxía en loitar por un posto de traballo de profesora de instituto, ela pensaba que era o máis cerca que podería estar dun laboratorío, ainda que fose para aguantar a adolescentes ós que a química lles dese tan igual como calquer outra materia que non fose o botellón, enfadabase con só pensalo, pero había que vivir de algo e esas oposicións un túnel cunha posible saída.

Roi pola contra nunca entendeu esa pasión pola ciencia, e esa afición de Xulia por comparalo todo coas reaccións químicas, de comparar a xente con elementos químicos e á sociedade con mezclas de laboratorío; él ós seus 28 anos comezara 2 carreiras diferentes e non rematara ningunha, eso sí, de Empresariais quedabanlle 7 asignaturas, pero ganas de estudiar nunca tiña ningunhas, o seu lema era: " non preciso traballar, mentras poida vivir dos meus pais........." e eso era certo, os pais de Roi non eran pobres precisamente, tiñan 3 xoierias e vivían desafogadamente, él era fillo único............ Xulia sempre se sentíu fora de lugar coa familia do seu mozo, demasiado estirados e diplomáticos para a súa forma de vela vida, pero ainda así lles tiña cariño, eran boa xente, ainda que fosen de mundos diferentes, de extractos sociais xerarquizados, sempre habería unha barreira entre as súas familias.

Levaban xuntos algo máis de 7 anos, ela xa non sabía por qué, e él non se o plantexaba; Xulia decía que estaban nun estado de equilibrio.

(Continuará...........................)

R.

3 comentarios:

  1. Y qué más........ Xulia me parece inteligente, resuelta y decidida... y seguro que va ganando cada batalla hasta ganar la guerra como ya hizo con el despertador!!

    Xulia, soy tu primera fan........
    Despertará Roi de su letargo????

    Y.

    ResponderEliminar
  2. Me gusta Xulia. Yo tb. soy fan!!!! Y la entiendo muy bien. Sé lo que es...

    B.

    ResponderEliminar
  3. Ben se ve, Xulia está camiño de descubrir uns cornos máis grandes que os dor renos de PapaNoel.

    Julita vete espabilando!!

    ResponderEliminar

Seguidores

Datos personales