martes, 21 de abril de 2009

NON TODO É AMOR

Teño que recoñecer que sempre fun unha romántica de pés a cabeza, máis ben de pés, porque se tivese un pouco de cabeza………….. en fin, o tema é o seguinte: están disminuindo o número de divorcios estes últimos meses e todos pensaredes: que ben!!! está triunfando o amor, todo é de cor rosa, as flores florecen máis que nunca, soa música por todos lados…………..; pois non!!!! O que está a ocurrir é que a crise afecta ós divorcios, non hai cartos nin para poder deixar á persoa que che está consumindo á paciencia, sí ledes ben, según as últimas enquisas feitas a parellas en crise vese que se están a divorciar menos porque apenas hai cartos para vivir xuntos e compartir gastos, como para botarse ó mundo un só, a velas vir, e claro as respostas eran:
“ non nos separamos porque a economía non nos da para poder facelo, senon xa non estábamos xuntos……….” E sobre todo as enquisas poñían de manifiesto que os barrios de maior nivel adquisitivo é donde máis divorcios se producen……..qué significará eso: que a menos cartos máis amor? Deixademe que discrepe….

Dende logo, eu despois desto puxenme a pensar e cheguei á unha conclusión atrevida: que a igrexa está detrás desta crise, sí, por qué non? Igual con tanto divorcio estaban a perder adeptos porque xa non se estaba a manter eso de “ xuntos ata que a morte os separe” senon que se está a levar máis o de “ xuntos ata que a hipoteca se pague” e claro, eso é menos romántico e ademáis xa non se mantiña en pé o de: “ o que Deus uniu que non o separe o home” porque visto o visto nin Deus mesmo os vai dar separado, ¿e se o clero provocou esta situación dende que se puxo en funcionamento o divorcio express, e quixo rematar coa situación en detridencia do fomento dunha convivencia tormentosa e por obriga entre dúas persoas que non se aguantan, e que non se queren ver nin en pintura, porque non poden pagar o nicho que compraron cando ainda sentían bolboretas no estómago, porque o seu sí que iba a durar toda a vida, pero un día esas bolboretas tornaron vermes e pudríuse a historía!!

Esto sí que é romanticismo e non o de antes, seguro que algúns ata se volven a namorar, porque o roce fai o cariño………e dous sueldos a final de mes dan pa pagar máis facturas!!!

R.

3 comentarios:

  1. Máis sueldos tamén implica máis facturas. Si hai menos divorcios non é porque sexa caro divorciarse, senon que non hai cartos para casarse.

    ResponderEliminar
  2. Acaso no es una razón válida para que dos se mantengan unidos el hecho de tener que pagar una hipoteca a medias? Lo importante es que consigan una convivencia en paz y con respeto mutuo y que cada uno se quiera por las razones que le de la gana.

    Buena reflexión Beyora R!!!

    ResponderEliminar
  3. Creo que unha cousa mantén a outra... non é que os divorcios estén de moda, pasa que cada vez aguantamos menos, casamos por casar (total xa sabemos que podemos desunir o que seica une deus) e se hai que permanecer unidos para pagar unha hipoteca pois aguantamonos, total.... a hipoteca non é o erro, pensar que un se casa para compartir a vida con outra persoa ata que a morte separe... ahi, xa discrepo mais..

    ResponderEliminar

Seguidores

Datos personales