miércoles, 29 de abril de 2009

A HISTORIA DE XULIA II ( QUÍMICA )

Azul, dependendo do espesor que teña o volúmen de auga, vémola azul, pero é incolora, transparente, azuis son os ollos de Xulia, e transparente é ela, sempre lle gustou pensar que se ela fose un composto químico ela sería a auga, o disolvente universal, imprescindible para a vida.

Así como a auga, a Xulia podémola encontrar en varios estados, según a temperatura do ambiente: sólida e xélida ante as situacións máis controvertidas e difíciles, capaz de deixar xelado a calquera que intente pasarlle por riba, sempre foi capaz de quitar o seu carácter con calquer persoa que non fose Roi, nunca consigueu chegar a ese estado con él, como moito conseguiu evaporarse e mezclarse co aire, ser invisible coma a auga en estado gaseoso, adaparse ó espacio do recipiente que a contiña, así de moldeable se comportaba con él, adaptandose a él..........pero o estado no que normalmente se encontraba ela era en estado líquido, escurridiza, capaz de apagar calquer lume, pero que cando alcanza determinada temperatura podía queimar, lixeira, tanxible pero dificil de controlar.
Roi é como o ácedo sulfúrico, cando se mezcla coa auga nun primeiro momento reacciona como un ácedo forte, de forma violenta, facendo que se desprenda calor............unha vez na auga e despois dese primeiro contacto a reacción é máis débil...............así é a súa relación, como unha reacción química que vai variando según os componetes, as condicións, o momento, as cantidades de un e do outro................a súa relación é pura química.

3 comentarios:

  1. Eu penso que a relación é máis física, porque Roi ta coma un queixo e Xulia é coma un croio,jaja!!

    bikasos

    ResponderEliminar
  2. Y yo q creo que Xulia está con Roi por inercia pero que en realidad no tienen nada en común. Tiempo al tiempo!!

    ResponderEliminar
  3. Gracias por pasar por mi blog y por recomendarme esas dos pelis de Coixet que están en mi lista de pendientes.

    Un beso grande!

    ResponderEliminar

Seguidores